plancultural2017

O programa está dirixido a comisións de festas e asociacións veciñais ou culturais do municipio e cubrirá unas 50 actuacións ao longo do ano

O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha o X Plan Cultural, co que financiará actuacións musicais e de lecer nas festas parroquiais e todo tipo de actividades que organicen as comisións ou asociacións veciñais ou culturais do municipio.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril nas oficinas da Casa do Concello. Os grupos incluídos para o Plan Cultural deste ano son Airiños de Ponte Caldelas (grupo de gaitas), Coral Valdarrosa (canto coral), Nós tamén imos (grupo de gaitas), Airiños da Fracha (charanga tradicional), Os Coribantes (banda de gaitas), Os Celtas de Taboadelo (grupo de gaitas), Aires del Norte y Olé (flamenco e copla) e, finalmente, actividades de teatro musical infantil, ilusionistas e mesmo un solista para misas e actos relixiosos.

O Goberno local tripartito, formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, calcula que haberá unhas 50 actuacións ao longo do ano con cargo a esta iniciativa, encaixada dentro do programa Pontegal, co que a Deputación colabora na actividade cultural dos concellos da provincia.

O obxecto do Pontegal é o impulso á cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas. Para elo financia actuacións culturais encaixadas nun total de 18 categorías que van das bandas de música, ás corais e os grupos folclóricos, pasando polo teatro, a danza ou as representacións audiovisuais. Centos de agrupacións e artistas de toda a provincia benefícianse así deste programa, que contribúe decisivamente a dinamizar a vida cultural dos concellos.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver