c24ad059 98e7 43dd ab03 b2b9769f6352

O Goberno local opta por seleccionar 11 operarios coas retribucións oficiais do sector e as mesmas condicións que o persoal laboral municipal

O Concello de Ponte Caldelas incorporará o próximo día 15 de abril a 11 operarios as súas brigadas de obras para reforzar diversos servizos. A contratación prodúcese no marco do Plan de Obras e Servizos (liña 3 do Plan Concellos) da Deputación Provincial.

O Goberno local tripartito, formado polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, optou por incorporar un condutor para a máquina varredora que se ocupa da limpeza do centro urbano, con xornada de 37,5 horas semanais, catro operarios albaneis de infraestruturas municipais e seis operarios para o desbroce e mantemento de espazos públicos. Nestas últimas dúas modalidades, a contratación será por 35 horas semanais. A duración dos contratos será de 10 meses para o condutor da varredora e de seis meses nos outros dous apartados.

O persoal percibirá os salarios establecidos no convenio sectorial e así o operario da varredora percibirá 1.290,75 euros mensuais brutos (salario base, prorrateo das pagas extraordinarias e plus extrasalarial). O Concello corre coa Seguridade Social, por importe de 487,90 euros mensuais. O resto dos traballadores recibirán 1.210,67 euros brutos ao mes coa mesma distribución, aínda que o gasto de Seguridade Social ao cargo do Concello será de 457,63 euros.

En canto ás condicións non salariais, os traballadores terán tamén recoñecidos os dereitos recollidas no Convenio Colectivo do persoal laboral do Concello de Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, destacou que os tres grupos do Goberno local optaron por esta fórmula, que garante unhas condicións laborais dignas en lugar de asinar contratos a tempos reducidos e con prestacións salariais baixas, como, desgraciadamente, adoita ser habitual neste tipo de iniciativas. “Creo que as institucións non estamos para fomentar a precariedade laboral”, declarou, “e vexo que, lamentablemente, hai municipios onde se mete a xente en condicións que nada teñen que ver coas que imos ofertar en Ponte Caldelas”.

Por outra banda, a selección das persoas que se beneficiarán destes contratos farase a partir da listaxe que remitan os Servizos Públicos de Emprego. O Concello garante a transparencia e para elo ten o costume de solicitar que participe no procedemento un técnico da Deputación.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver