5e228556 36cc 4ff4 9139 6516cbe3c63e

O alcalde deu a benvida ás asistentes na primeira das sesións e augurou que o futuro, afortunadamente, está nas mans das mulleres

Un grupo de 16 mulleres de Cuñas aprenderon onte estratexias para rachar os teitos de cristal e de cemento, as barreiras invisibles que limitan o desenvolvemento profesional e persoal,  na primeira das sesións do programa “Quérete a ti mesma”, organizado polo Concello de Ponte Caldelas.

A actividade, que está baseada na metodoloxía “coaching”, supón unha aposta novidosa, na medida en que consiste en 16 sesións que se van celebrar por todo o rural de Ponte Caldelas e non hai precedentes dunha programación equivalente en Galicia. Deste xeito, o Concello quere dar un paso máis na loita pola Igualdade, sen quedar nas meras declaracións formais, tan habituais nas datas do 8 de marzo ou o 25 de novembro.

O Goberno local, formado polos grupos do PSdeG-PSOE, AVP e BNG, subliña que estas sesións están concibidas para dotar ás mulleres de ferramentas psicolóxicas de cara ao seu empoderamento. A xeira que onte comezou en Cuñas non rematará ata o 16 de xullo en Parada. Entre medias haberá sesións polo Centro Cultural de Ponte Caldelas, por Laxoso, Forzáns, Caritel, Anceu, Barbudo, Chaín, A Insua, Taboadelo, Xustáns, Vilarchán, A Reigosa, Santa Ana e Tourón.

O alcalde, Andrés Díaz, inaugurou esta primeira convocatoria e nunha breve intervención destacou a solidez destas barreiras imaxinarias que impiden o desenvolvemento integral da muller. “Estou convencido de que o futuro está nas vosas mans e que chegará o día en que, afortunadamente, as mulleres terán na sociedade todo o peso que por capacidade e traballo lles corresponde”, afirmou.

As sesións, a cargo de “coach” profesionais, teñen como obxectivo estimular a autoestima, o autocoñecemento  e a intelixencia emocional para afrontar os retos do día a día. O método de traballo é moi participativo e busca en todo momento estimular o nacemento de preguntas e a busca activa das respostas. As asistentes non se limitan a escoitar unha conferencia, senón que se ven incentivadas a explorar os camiños apoiándose no espertar dos sentimentos. A música, o baile, o xogo e unha serie de sorpresas convértense en estímulos poderosos.

As sesións coinciden na meirande parte dos casos en venres, en horario de 17 a 21 horas e, aínda que van rotando polas Casas do Pobo dos diferentes lugares, están abertas ás mulleres de todo o municipio, polo que é posible asistir cando se estime oportuno e mesmo repetir.

O programa non abordará problemas tan concretos como a violencia de xénero, aínda que este aspecto tamén será tratado se xurde. No “coaching” fálase máis de retos que de problemas porque este tipo de adestramento persoal está orientado ao futuro e isto abrangue tanto ás persoas que queren saír dunha relación tóxica, como ás que están buscando un cambio na súa vida.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver