visitavilaverde

O Goberno local caldelán quere oficializar unha amizade que se remonta a 13 anos atrás e organizará intercambios socioeconómicos e culturais

A sede da Cámara Municipal de Vila Verde foi onte o escenario dunha xuntanza entre as autoridades locais portuguesas e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, co obxecto de pechar un calendario de actuacións que culmine coa irmandade oficial entre os dous municipios, que comparten o topónimo Barbudo nunha parte do seu territorio. O alcalde estivo acompañado de tres veciñas desta parroquia , María del Carmen Cabanelas Montero, María José Custodio Martínez e Estela Álvarez Rodríguez, como embaixadoras do Barbudo caldelán.

A representación portuguesa estivo encabezada polo presidente da Cámara, Antonio Vilela; o presidente da Freguesía (equivalente ao Concello no mapa administrativo portugués) de Vila Verde-Barbudo, José Faría, e do presidente da Asociación Cultural e Recriativa de Barbudo, Enrique Cerqueira. A xornada consistiu nunha xuntanza de traballo na Cámara, unha comida de confraternidade e unha visita ao Centro de Dinamización Cultural de Vila Verde, onde se expoñen todos os produtos da marca rexistrada “Namorar  Portugal”, que tamén funciona como imaxe corporativa de Vila Verde.

A intención é avanzar nos trámites administrativos para acadar unha irmandade efectiva no ano 2018, aproveitando as subvencións que concederá a Unión Europea no marco do programa “Europa para os Cidadáns”. Para elo é necesario presentar un proxecto baseado nos lazos de irmandade e nun intercambio social, económico e cultural sostido.

Os dous concellos organizarán, a partires de  agora, visitas recíprocas dos seus veciños. Os lusos estarán en Ponte Caldelas durante a Festa da Troita e a Festa Gastronómica da Emigración. Os caldeláns acudirán a Portugal na Festa das Colleitas, a primeiros de outubro. Por outra banda, barallouse que os comerciantes de ambos municipios poidan participar nas actividades feirais organizadas por ambos concellos a prezo local. Finalmente, falouse da posibilidade de que os máis de 100 produtos da marca “Namorar Portugal”, entre eles os coñecidos como os “lencinhos de amor”, podan formar parte dunha exposición no Centro Cultural de Ponte Caldelas.

O Pleno caldelán aprobará a declaración de Irmandade con Vila Verde e remitirá o acordo á Federación Española de Municipios e Provincias. Ao outro lado da raia realizaranse os trámites equivalentes. Entre medias irase constituíndo o proxecto, recollendo tamén todas as actividades realizadas, para presentar diante da Unión Europea.

Andrés Díaz  manifestou a súa sorpresa polo feito de que a amizade entre os dous Barbudos, que comezou no ano 2004 non se tivera oficializado ata o de agora por falta de interese municipal. Unha amizade que comezou cando Luciano Barros, un veciño desta localidade do Norte de Portugal se presentou para coñecer aos veciños desta parroquia caldelán. A partir de aí trabáronse uns vínculos que foron crecendo co tempo.

Durante a visita constatouse que as coincidencias na toponimia non só se circunscriben a Barbudo, pois existe tamén a freguesía de Ponte (San Vicente de Ponte Caldelas),  unha antiga citania romana coñecida como San Xulián de Caldelas e a aldea de Caldelas, ás beiras do río Homen.

Vila Verde é unha entidade local con 48.000 habitantes e unha superficie de 228 quilómetros cadrados. Como todo o territorio portugués experimentou significativamente a reforma administrativa que supuxo a fusión municipal acordada polo Goberno portugués en 2003. Deste xeito pasou de 58 a 33 freguesías. Entre as fusións realizadas está, precisamente, a das freguesías de Barbudo e Vila Verde (sede da Cámara Municipal), que pasaron a chamarse Vila Verde-Barbudo.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver