7e69423e 322b 464e a698 83f35fe92143

O Concello está xa a preparar a rolda de xuntanzas cos veciños dos 33 núcleos de poboación do municipio para recoller as súas prioridades

O Goberno local de Ponte Caldelas culminou estes días un novo paquete de obras no rural, que son produto das demandas presentadas polos veciños durante as asembleas veciñais celebradas o ano pasado polos 33 núcleos de poboación do municipio.

As melloras, desta volta, concentráronse en A Quintán, Mirón e Vilarchán, solucionando así problemas que viñan arrastrándose dende hai tempo. Os resultados foron comprobados estes días coa visita realizada polo alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro.

En A Quintán colocouse unha grella de recollida de augas pluviais na estrada, que evitará, definitivamente, a entrada de auga nunha vivenda. Trátase dun dos moitos casos de deficiencias no tratamento das pluviais que se ten atopado o Goberno local por todo o territorio municipal. Recentemente, nesta mesma zona xa se mellorou a recollida, derivándoa aos dous lados da estrada, porque a pendente facilitaba a caída das augas ata o mesmo Centro de Saúde.

En Vilarchán acometeuse unha obra moi demandada e consistente na reparación dunha antiga mina de auga. Alí fíxose un tratamento para adecentar o surtidor, cunha canle de pedra e un pequeno lavadoiro. Todo quedou limpo, encintado e perfectamente acondicionado.

Finalmente, retirouse un poste apegado á Casa do Pobo de Mirón. O contacto con esta estrutura estaba a producir humidades, ademais dun negativo impacto estético. O Goberno local tamén se ocupou do acondicionamento exterior da casa, dotándoa dunha drenaxe e dun novo pavimento de formigón que mellora moito a súa contorna. Finalmente, procedeuse ao acondicionamento interior, unha vez eliminadas as humidades, cun pintado de paredes e teitos.

O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) está moi satisfeito do resultado que están acadando estas obras, reclamadas polos propios veciños, polo que xa está preparando o calendario da rolda de asembleas veciñais que vai volver manter este ano en todos os núcleos de poboación e que van desenvolverse, moi probablemente, a partir da primavera. 

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver