desperfectostemporal

O Goberno local agradecerá o “esforzo extraordinario” da brigada de operarios cunha homenaxe pública durante a Festa da Troita

O municipio de Ponte Caldelas padeceu, como boa parte da provincia de Pontevedra, os efectos dos temporais, e rexistrou máis de 50 incidencias de diversa envergadura durante as xornadas do venres e o sábado. As caídas de árbores foron a principal dificultade, pois en casi unha vintena de casos chegaron a obstruír estradas locais, provinciais ou autonómicas e foi preciso retiralas da calzada para restablecer a circulación.

O Goberno local tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) destaca o esforzo extraordinario realizado polos seis operarios da brigada municipal de obras, que fixeron un traballo moi valioso para atender as constantes chamadas dos veciños. O alcalde, Andrés Díaz, que estivo á fronte da coordinación

do operativo subliñou que os operarios case non durmiron do venres ao sábado e apenas tiveron tempo de parar a comer ante a avalancha de emerxencias.

 

Un esforzo que continúa hoxe domingo, atendendo os últimos incidentes e organizando tamén o operativo necesario para a celebración da xornada feirada que, como todos os días 5 e 20 de cada mes, celébrase no centro urbano.

Nos próximos días a Xunta de Goberno Local aprobará unha resolución para agradecer explicitamente este esforzo cunha homenaxe pública durante a próxima edición da Festa da Troita. “Creo que os nosos veciños deben saber que temos un equipazo, algo que demostraron non só durante estes temporais senón tamén durante todos os veráns na loita contra os incendios forestais”, afirma o rexedor despois de compartir moitas horas coa brigada nestes últimos dous días.

O alcalde explica que as caídas de árbores foron o principal problema en Ponte Caldelas. Non só sobre as estradas, senón tamén, cando menos, sobre dúas casas da Insua e unha terceira de Cuñas. Afortunadamente, non houbo que lamentar desgracias persoais e os danos foron só materiais. Outras dúas árbores caeron sobre barandas do paseo da Calzada, provocando a súa rotura. Nesta zona, tamén quedaron inclinados varios exemplares que será necesario ir retirando nos próximos días.

A crecida do río Verdugo provocou un desbordamento que foi a máis conforme avanzaban as horas. Xa na noite do venres foi necesario rescatar a unha persoa que quedou durmida dentro do coche no aparcamento da praia fluvial. Por outra banda, o río comezou a arrastrar moitas ramas provocando situacións de risco por acumulación nos ollos da ponte. Andrés Díaz lamentou que Augas de Galicia non se ocupe nunca de limpar o cauce e teña que ser o Concello o que asuma este labor, en evitación de males maiores.

Os danos nas propiedades municipais céntranse na caída de varios farois ou das súas luminarias. En Cuñas rachou o cableado do alumbrado público por mor dunha árbore. Estas circunstancias foron atendidas rapidamente pola empresa de mantemento do alumeado público.

Os cortes de luz foron constantes durante as xornadas de venres e sábado e espalláronse por todos os pobos do municipio, aínda que, en xeral, non tiveron unha duración excesiva.

Sen embargo, o sinal de televisión perdeuse durante bastante tempo pola avaría na tarde do venres na estación repetidora de Pazos. O alcalde tivo que chamar aos responsables da empresa pública Retegal para esixir a reparación inmediata, toda vez que lle tiñan informado de que non sería reparada ata mañá luns. Diante da insistencia do gabinete da Alcaldía, finalmente, accederon a facelo o sabado e, ademais, facilitouse que os propios operarios municipais tiveran a posibilidade de acudir a subir os “térmicos” cada vez que se producía outro corte de alimentación no poste.

No centro urbano houbo un incidente por caída de tellas e, noutro caso, pola rotura dos cristais na fachada. En ambos casos foi preciso acudir a retirar os restos e vallar a zona. Tamén se rexistraron numerosísimas caídas de colectores de lixo por todo o municipio e un pequeno atasco no depósito de abastecemento de auga. Finalmente, os temporais deixou un regueiro de baixos e garaxes inundados.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver