DSC 0360 copiaO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, asistiu aos actos na honra de San Roque organizados polos veciños da parroquia de Forzáns. Ademáis da misa solemne e a procesión o programa festivo contemplou a realización do tradicional campionato de lanzamento de malla, torneo de futbol para rapaces, hinchables e a Festa da Escuma.

A intensa choiva da mañá deu unha tregua á celebración da Festa de San Roque que pudo finalmente sacar ás imaxes en procesión polo torreiro como ven sendo habitual. Nesta ocasión o evento contou coa presenza de Andrés Díaz que acudía, por primeira vez, a estas festas en calidade de alcalde.

Na xornada de tarde os veciños de Forzáns organizaron o seu campionato de malla, un xogo tradicional similar á petanca, que se practica en moi poucos lugares de Galicia e que debe a súa existencia aos emigrantes que a principios do século XX trouxeron de Portugal este entretemento.

Os gañadores leváronse un xamón e dúas botellas de viño, mentras que os segundos acadaron un lacón e dúas botellas de viño. A terceira parella gañou unha ristra de chourizos e dúas botellas de viño mentras que os cuartos clasificados tiveron que conformarse con dúas botellas de bo viño galego con denominación de orixe.

A diversión para os máis pequenos estivo garantida cos hinchables, o touro mecánico e a festa da escuma que, debido a que o tempo non acompañou durou menos do habitual. A verbena a cargo de Marema e Azabache puxo o punto final a estas Festas de San Roque en Forzáns.

DSC 0354 copiaDSC 0333 copiaDSC 0337 copiaDSC 0348 copiaDSC 0346 copiaDSC 0008 copiaDSC 0065 copiaDSC 0066 copiaDSC 0032 copiaDSC 0038 copiaDSC 0044 copiaDSC 0046 copiaDSC 0051 copiaDSC 0030 copiaDSC 0302 copiaDSC 0323 copia

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver