DSC 0042 copiaA segunda xornada do concurso gastronómico "Caldelas Tapas" saldouse cun novo éxito de participación de público que abarrotou por completo os nove establecementos hosteleiros que participan nesta primeira edición, a pesar de que o tempo atmosférico non acompañou na noite de venres.

O alcalde, Andrés Díaz Sobral, e membros do equipo de goberno participaron tamén na degustación de pinchos percorrendo varios establecementos hostaleiros salientando a calidade e o sabor das tapas concursantes. "Desde logo hai que dicir que tódolos establecementos volcáronse nesta iniciativa e estase a acadar un dinamismo na noite dos venres que Ponte Caldelas non tiña. Este tipo de iniciativas onde a participación de todos é fundamental é o camiño que temos que seguir para recuperar a Ponte Caldelas como polo de atracción local e comarcal para as fins de semana", sinalou o rexedor.

Os nove establecementos hostaleiros participantes Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas rexistraron unha afluencia de público inusitada para un venres pola noite. Nesta ocasión os hostaleiros reforzaron a súa oferta con máis tapas para poder poñer a tódolos seus clientes un pincho con cada consumición sin esgotar existencias como pasou na xornada inaugural.

A ruta das tapas en Ponte Caldelas ten moi diferentes percorridos con sete establecementos no centro da vila e dous nos arredores (en Laxoso e Anceu) cun variado e moi distintas ofertas culinarias.

Así, o Mesón Parada optou por unhas "Brochetas de Pulpo estilo Parada" co que está a conquistar os paladares das persoas que están facendo esta ruta. A Cafetería Aries coas súas "Delicias do Aries" pon aos seus clientes un pincho innovador cunha mixtura de sabores sobre unha tartaleta que o fai moi orixinal. Polo que respecta a O Recanto, a súa aposta céntrase no "Flamenquín do Recanto" servido dun xeito moi colorista e cunha explosión de sabores moi especial.

No caso da Taberna de Laxoso a súa creación "Anchoa ao galope" é unha composición sinsela, pero cun maridaxe de sabores extraordinaria. A Cervecería Alameda con "Pasión de lomo confitado" ofrece ao amante da cociña tradicional un toque especial que fai que este pincho non lle pase desapercibido a ninguén. No Verdugolandia a maxia do mar e a horta combínanse na "Simbiose de mar e horta" onde o bacallao e os pementos caramelizados xogan un papel predominante que estoura nos padais máis esixentes.

Noutro extremo culinario sitúanse o Restaurante Ramís coa súa "Brisa alemana" onde se harmoniza a cociña germana coa materia prima galega facendo do resultado unha peza única que hai que probar e apreciar en tódolas súas varidas vertentes. A Cafetería Pastelería Pecas fai que un simple picho acade unha proxección espectacular. Así, a súa creación "Tentación de Pastel de Tortilla" fai que un produto tradicional da gastronomía galega e española o podamos apreciar dun xeito orixinal e diferente.

Finalmente, no noso percorrido gastronómico polos nove locais que participaron na segunda xornada do "Caldelas Tapas" detémonos en Casa 501 que ofrece "501 sabore do mar" onde o produto galego de calidade das nosas rías forma parte esencial do atractivo que está a ter este establecemento hostaleiro.

TÓDOLOS VENRES DO MES DE AGOSTO SEGUIRÁ O "CALDELAS TAPAS"

Tamén lembrar que o "Caldelas Tapas" repetirase nos vindeiros venres do mes de agosto e que os establecementos hostaleiros compiten por agradar e sorprender aos seus clientes cun pincho gratuíto que se sirve con cada consumición e que poderá ser votado (de 1 a 5 puntos) nunhas tarxetas especialmente habilitadas para elo e que poderán ser depositadas nunha urna que está exposta en cada un dos establecementos participantes.

A tapa que obteña o maior número de votos será a gañadora e o Concello de Ponte Caldelas e COEMPO entregaránlle ao establecemento gañador unha placa que lucirá nas súas vitrinas como xeito de acreditar ser o vencedor da primeira edición deste concurso.

Para motivar a participación cidadá na emisión dos votos, aquelas persoas que completen a cartilla cos dez selos acreditativos de ter probados tódolos pinchos concursantes entrarán no sorteo dun vale de 100 euros para ser canxeable por produtos ou servizos dos establecementos adheridos a COEMPO ou unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun establecemento hostaleiro do municipio.

DSC 0003 copiaDSC 0008 copiaDSC 0009 copiaDSC 0013 copiaDSC 0015 copiaDSC 0026 copiaDSC 0029 copiaDSC 0035 copia

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver