DSC 0023 copiaO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e os concelleiros Pilar Couto, do PSdeG-PSOE; José Manuel Martínez, de AVP; e Manolo Barreiro, do BNG, presentaron oficialmente o cartel das Festas dos Dores e o programa festivo que, en palabras do rexedor "está marcado por un carácter renovador e xuvenil" e que amplía a oferta lúdica habitual destas festas con eventos para á mocidade.

Andrés Díaz salientou que "é o mellor programa festivo posible coa limitación económica obrigada pola herdanza recibida" e neste tema agradeceu a colaboración desinteresada de moitos cidadáns que participarán nos eventos festivos "que serán amplios e variados grazas á necesidade de tirar de imaxinación e ideas para suplir a falla de orzamento", indicou o alcalde.

O rexedor destacou que o programa festivo ten un carácter renovador e xuvenil coa clara intención de "ampliar a oferta das festas non só aos veciños de maior idade senón tamén á mocidade que quizáis demandaba unha maior oferta neste sentido. Así, cara aos xóvenes vai boa parte do programa como Romántico Latino ou a colaboración coa Asociación Xuvenil Festeiros 2.0 que porá en marcha a segunda edición do Rock&Rocke, un concerto de rock que terá lugar o venres 21 de agosto nas inmediacións do pavillón de deportes así como unha serie de actividades para mozos e mozas", anunciou o rexedor.

Díaz Sobral informou tamén que o Concello sigue apostando pola Semana Cultural como elemento divulgador do importante patrimonio cultural e etnográfico que atesoura o municipio de Ponte Caldelas aderezado con actuacións teatrais, contacontos para nenos, conferencias, proxeccións de películas como A Esmorga ou o concerto de Leilía na Área Arqueolóxica de Tourón. Tamén se referiu á exposición colectiva de pintura protagonizada polos irmáns Cándido, Amalia e Benxamín Diz Parada, de Taboadelo que estarán presentes na Sala de Exposicións do Centro Cultural durante tódolos días das festas.

Pola súa banda o concelleiro Manuel Barreiro, do BNG, manifestou que lle parecía un "programa moi redondo" onde había cabida para todo tipo de actividades e ofertas lúdicas para tódalas idades sen esquecer o apartado máis divulgador e etnográfico que ofrece a Semana Cultural e a animación de rúa.

Precisamente neste capítulo o alcalde lembrou que Ponte Caldelas contará coas habituais verbenas con orquestras de alto nivel e animación de rúa a través da charanga Charandonga que tocará durante todo o día polas rúas do centro da vila de Ponte Caldelas. Finalmente, sinalou que estas festas teñen un especial carácter divulgativo e conmemorativo da concesión a A Calzada da primeira bandeira azul otorgada pola Unión Europea a unha praia fluvial destas carácterísticas tal e como recolle o cartel anunciador das festas e así poñeranse en servizo unhas bicicletas turísticas para facilitar o paseo entre o centro da vila e a praia fluvial.

Festas das Dores Ponte Caldelas Cartel copiaIMG 6459

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver