DSC 0012 copiaO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o responsable da empresa Gestsport Galicia, Bernardo Acevedo, presentaron a primeira edición da carreira popular "+5 Ponte Caldelas-Bandeira Azul" que terá lugar o vindeiro 22 de agosto como aperitivo deportivo da celebración das Festas dos Dores así como para conmemorar que a praia fluvial de A Calzada é a primeira de España destas características en pusuir a Bandeira Azul de calidade da Unión Europea.

Andrés Díaz agradeceu ao responsable de Gestsport Galicia a súa implicación na promoción desta proba deportiva e anunciou que participaría a título persoal nesta primeira edición aínda que advertiu en clave de humor que "advirto que vou disposto a gañar".

A carreira ten unha distancias de 5 quilómetros de perfil moi plan cun circuito de dúas voltas, cunha maior (a primeira) e outra menor no entorno do río Verdugo. A proba terá a súa saída na Alameda de Ponte Caldelas ás 20:30 horas con dirección ao Balneario utilizando a PO-234. Ao chegar ao antigo balneario procederase a facer un xiro de 360 graos para volver pola mesma P0-234 para xirar depois de 400 metros á Avda. de Pontevedra, dirección á praia da Calzada cun ida e volta de 2.200 metros. A segunda será igual pero o xiro realizarase na Alameda.

As inscricións están abertas ata o 19 de agosto no portal web www.cronotect.es e agárdase unha participación estimada duns 200 corredores na proba de adultos e dun cento na de menores, que poderán inscribirse no mesmo día da carreira na Alameda, dez minutos antes da saída da súa carreira que será ás 19:15 horas.

Gestsport Galicia lembrou que durante a carreira ofreceranse diversos servizos como o de gardería, gardarroupa, guías, exhibición de zumba, etc.

Tanto o alcalde como o responsable de Gestsport Galicia salientaron que esta proba nace co claro obxectivo de consolidarse e seguir ampliando as actividades deportivas do Concello e a previsión é que "si ben a Festa da Troita conta desde hai dous anos coa marcha ciclista de montaña, a BTTROITA, unha semana antes da súa celebración a +5Ponte Caldelas-Bandeira Azul será tamén o preámbulo deportivo das festas dos Dores", sinalou Andrés Díaz.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

BASES CARTEIS 2019

BASES FOTOGRAFIA 2019

BASES REDACCION 2019 

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver