zumbaA Alameda de Ponte Caldelas acolle este sábado, a partir das 20 horas, un Festival Solidario e unha Master Class de Zumba para recaudar material escolar ou fondos para mercalo con destino a nenos e nenas de familias con escasos recursos económicos. O Concello de Ponte Caldelas colabora con este evento organizado por Adriana García, instructora de Zumba, e no que participan artistas como o dúo musical "Los Magos", "Las esmeraldas del desierto", que ofrecerán o seu baile do ventre, "Jane Zouk y Luisinho Astral", así como varios instructores de Zumba.

Este festival solidario, que conta coa colaboración de Cáritas así como das ANPA do colexio e do instituto, pretende axudar na recadación de material escolar para que poda ser utilizado no vindeiro curso polos nenos e nenas escolarizados no municipio e que precisen destos elementos para realizar os seus estudios e as súas familias teñan serias dificultades económicas para afrontar este gasto.


As actuacións musicais tanto como as coreografías levadas a cabo por instructores de zumba como Adriana García, Vitor Silva, Lulu e Say son de xeito altruista e desinterado e forman parte do carácter solidario que teñen as persoas que participan neste evento que pode ser seguido tamén nas redes sociais tanto en Facebook como en Twitter.

Os organizadores pretenden con esta actividade non só recadar material escolar senón tamén servir de entretemento para aquelas persoas que na tarde do sábado se acheguen ata a Alameda de Ponte Caldelas para disfrutar dun bo ambiente, boa música e baile da man de instructores e bailarín experimentados.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver