DSC 0011 copiaO alcalde, Andrés Díaz, e o tenente de alcalde Lito Muíños indicáronlle a un responsable técnico do ente provincial os defectos detectados nos traballos recentemente realizados na etapa do anterior rexedor. A Deputación enviará un equipo de filmación e visión subterránea para introducir nos sumidoiros e detectar posibles afundimentos ou obstrucións. Mellorará a seguridade vial dotando ao quitamedos de medidas de protección para motoristas e suavizará o entronque da vía coa estrada que conduce a Ponte Caldelas.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o tenente de alcalde Lito Muíños revisaron a pé xunto cun responsable técnico da Deputación de Pontevedra os defectos detectados na Estrada Provincial CP-0202 que une Ponte Caldelas co lugar de Pazos e que recentemente foi obxecto dunhas obras de mellora levadas a cabo durante a xestión do anterior rexedor e executadas pola empresa Construcciones y Excavaciones Portela, S.L. por importe de 134.000 euros.

O alcalde e o tenente de alcalde sinaláronlle ao técnico da Deputación a necesidade de resolver toda unha serie de fallos detectados co fin de que sexan subsanados convenientemente antes de que a Estrada Provincial CP-0202 sexa transferida ao Concello, tal e como desexan ámbalas dúas administracións.

Díaz e Muíños expuxéronlle ao técnico da Deputación toda unha serie de defectos observados no pavimento recentemente renovado e asfaltado así como un grave problema detectado ante unha casa que, ao parecer, ten afundido o seu sumidoiro, por mor das obras realizadas, o que lle ocasiona a imposibilidade de evacuar as augas fecais do seu domicilio.

O responsable técnico da Deputación comprometeu o envío inmediato dun equipo de filmación e gravación en vídeo que actúa con cámaras que se introducen nos sumidoiros coa intención de determinar a existencia de zonas obstruídas e que elementos son os que producen dito tapoamento. Asemade, estenderán a inspección non só á casa que detectou o problema senón a todo o trazado co fin de detectar calquera incidencia.

Tamén se comprometeu a enviar unha brigada da Deputación coa intención de mellora-la seguridade vial no trazado, concretamente na vionda quitamedos instalada na parte final da estrada coa intención de dotala de medidas de protección para motoristas fronte a calquera accidente que puidera producirse nese lugar.

Ademais, obrigaráselle á empresa adxudicataria dos traballos a resolver os defectos detectados no pavimentado da estrada así como na necesidade de facer un rebaixe no lugar de entronque desta vía coa estrada que vai de Ponte Caldelas a Forzáns (PO-255) xa que a unión das dúas vías presenta un badén no que algúns vehículos de carrozaría baixa teñen dificultades de acceso e incluso rozan nos baixos.

As obras de mellora da Estrada Provincial CP-0202 Ponte Caldelas-Pazos, que dá acceso a este núcleo de poboación, e que a Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Construcións e Escavacións Pérez Portela, S.L., cun orzamento de 134.000 euros, executáronse recentemente para resolver os problemas de desgaste que sufriu esta vía cando se desviou o tráfico da estrada Ponte Caldelas-Forzáns por mor do seu ensanche e mellora.

As obras consistiron na realización dunha nova pavimentación do vial sobre unha lonxitude aproximada duns 800 metros lineais, así como a renovación das canalizacións da rede de recollida de pluviais e do saneamento existente na zona. Os traballos consideraron a separación das augas pluviais e fecais que, ata ese momento ían xuntas en varios puntos da rede de sumidoiros.

Así mesmo, en atención á solicitude realizada polos veciños, ampliouse a rede de sumidoiros e tragantes de augas pluviais co fin de evitar que cando se produzan chuvias torrenciais este vial se converta nun torrente natural para a gran cantidade de auga proveniente do alto do monte.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver