DSC 0021 MEMBROS DO GOBERNO NO ALAMEDAOs nove establecementos participantes nesta edición estiveron abarrotados polas personas que se decidiron a facer a ruta das tapas por Ponte Caldelas. Os establecementos esgotaron os pinchos e tiveron que repoñe-los en varias ocasións para atender a gran demanda de clientes que se rexistrou na noite do venres.

A primeira xornada do concurso gastronómico "Caldelas Tapas" saldouse cun éxito arrollador que superou as previsións máis optimistas dos organizadores debido a gran afluencia de público que na tarde-noite do venres abarrotou por completo os nove establecementos participantes neste evento turístico-culinario.

De maneira individual, pero sobre todo en pandilla, as persoas acudiron na tarde-noite do venres aos nove establecementos hostaleiros participantes nesta primeira edición do "Caldelas Tapas". Así, Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas rexistraban un cheo completo e o persoal encargado de servir as consumicións pasaron por momentos de apreto provocadas pola enorme afluencia de público á procura de probar un dos pinchos participantes e puntua-los dentro do concurso organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios (COEMPO) e o Concello de Ponte Caldelas.

Entorno ás 22 horas os establecementos do centro da vila xa tiveran que repoñer en varias ocasións as súas existencias en materia de pinchos ante a gran demanda de clientes e os que estaban ubicados en Laxoso e Anceu rexistraban un cheo total de público que pronto deu conta das tapas que tiñan preparadas inicialmente.

Membros do equipo de goberno do Concello de Ponte Caldelas, que tamén participaron como clientes na degustación das tapas, cualificaron esta primera xornada de positiva "pese a que houbo momentos de especial aglomeración nalgún local concreto que saturou por completo a capacidade de atención ao público do persoal dese establecemento, pero haino que ver desde o punto de vista dun éxito que desbordou por completo ás previsións máis optimistas para xornada inaugural e fala moi ben do que poden ser os seguintes venres que quedan do mes de agosto para disfrutar do Caldelas Tapas".

Tamén salientaron "a gran calidade culinaria, a excelente presentación e o alto nivel competitivo amosado polos establecementos hostaleiros participantes nesta primeira edición o que ven tamén a poñer de manifesto o compromiso con esta iniciativa e as gañas que teñen os profesionais da hostalería en Ponte Caldelas de ofrecer o mellor para que o noso municipio volva a ser referente nas fins de semana da nosa contorna", sinalaron.

Por outra banda lembrar que os establecementos hostaleiros compiten por agradar e sorprender aos seus clientes cun pincho gratuíto que se sirve con cada consumición e que poderá ser votado (de 1 a 5 puntos) nunhas tarxetas especialmente habilitadas para elo e que poderán ser depositadas nunha urna que está exposta en cada un dos establecementos participantes.
A tapa que obteña o maior número de votos será a gañadora e o Concello de Ponte Caldelas e COEMPO entregaránlle ao establecemento gañador unha placa que lucirá nas súas vitrinas como xeito de acreditar ser o vencedor da primeira edición deste concurso.
Para motivar a participación cidadá na emisión dos votos, aquelas persoas que completen a cartilla cos dez selos acreditativos de ter probados tódolos pinchos concursantes entrarán no sorteo dun vale de 100 euros para ser canxeable por produtos ou servizos dos establecementos adheridos a COEMPO ou unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun establecemento hostaleiro do municipio.


ÉXITO DA ACTUACIÓN DOS BLACKS STONES NA ALAMEDA DE PONTE CALDELAS
Finalmente salientar que tamén rexistrou un éxito de público o concerto ofrecido polos Blacks Stones na Alameda de Ponte Caldelas organizado polos establecementos hostaleiros O Adro da Ponte, Cafetería Aries, Verdugolandia e Café Fidel, coa colaboración do Concello de Ponte Caldelas, e que animou a noite do venres ás moitas persoas que se achegaron ata a zona arborada da vila para disfrutar dunha noite con boa música, a través de versions de temas dos Beatles e doutros míticos conxuntos do panorama musical dos anos 60, 70 e 80.
Con este tipo de iniciativas o equipo de goberno de Ponte Caldelas pretende axudar a diversificar a oferta de lecer estival neste municipio ao tempo que axuda a dinamizar a actividade económica do sector hostaleiro e comercial.

DSC 0037 MESON PARADA copiaDSC 0001 copiaDSC 0031 copiaDSC 0033 copiaDSC 0035 copiaDSC 0026 copiaDSC 0027 copiaDSC 0017 copiaDSC 0010 copiaDSC 0007 copia

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver