BLACKSTONESO venres actúan os Black Stones na Alameda e comeza o concurso gastronómico "Caldelas Tapas", con dez establecementos hostaleiros participantes, e o sábado a música instálase no Parque Infantil (xunto ao colexio) cunha homenaxe ao grupo mexicano "Maná"

O municipio de Ponte Caldelas convértese en punto de atracción turística, gastronómica e musical esta fin de semana cunha serie de actividades dinamizadas polo Concello como o inicio do concurso culinario "Caldelas Tapas", no que participan dez establecementos hostaleiros, a actuación na Alameda dos Black Stones, a partir das 21 horas, e a homenaxe musical ao grupo mexicano "Maná" no Parque Infantil (xunto ao colexio), o sábado a partir das 22 horas, onde os asistentes poderán escoitar unha audición cos mellores éxitos do conxunto azteca.

Con este tipo de iniciativas o equipo de goberno de Ponte Caldelas pretende axudar a diversificar a oferta de lecer estival neste concello ao tempo que axuda a dinamizar a actividade económica do sector hostaleiro e comercial.

Os Black Stones, actuarán en acústica, versionando temas dos Beatles e doutros míticos conxuntos do panorama musical dos anos 60, 70 e 80 e prometen aparcar a nostalxia para entreter e divertir ao público que se dea cita na Alameda de Ponte Caldelas a partir das 21:30 horas de mañá venres.

Por outra banda, o Concello de Ponte Caldelas e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (COEMPO) poñen en marcha durante tódolos venres do mes de agosto o primeiro concurso gastronómico "Caldelas Tapas" no que participan os establecementos hostaleiros Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Taberna Enxebre Eicho de dar Queridiña, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas.

Os dez establecementos hostaleiros competirán por agradar e sorprender aos seus clientes cun pincho gratuíto que se servirá con cada consumición e que poderá ser votada (de 1 a 5 puntos) nunhas tarxetas especialmente habilitadas para elo e que serán depositadas nunha urna que estará exposta en cada un dos establecementos participantes.

A tapa que obteña o maior número de votos será a gañadora e o Concello de Ponte Caldelas e COEMPO entregaránlle ao establecemento gañador unha placa que lucirá nas súas vitrinas como xeito de acreditar ser o vencedor da primeira edición deste concurso.

Para motivar a participación cidadá na emisión dos votos, aquelas persoas que completen a cartilla cos dez selos acreditativos de ter probados tódolos pinchos concursantes entrarán no sorteo dun vale de 100 euros para ser canxeable por produtos ou servizos dos establecementos adheridos a COEMPO ou unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun establecemento hostaleiro do municipio.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTAZ ACTO INSTITUCIONAL 25NOV

PRESENTACIÓN LIBRO MICROMACHISMOS DE MICRO NADA

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver