DSC 0032 copiaOs establecementos hostaleiros Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Taberna Enxebre Eicho de dar Queridiña, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas ofrecerán tódolos venres de agosto, a partir do día 7, un pincho gratuíto con cada consumición aos clientes que desexen participar na degustación do primeiro concurso "Caldelas Tapas" posto en marcha pola Asociación de Comerciantes e Empresarios (COEMPO) e o Concello de Ponte Caldelas.

Os dez establecementos hostaleiros competirán por agradar e sorprender aos seus clientes cun pincho gratuíto que se servirá con cada consumición e que poderá ser votada (de 1 a 5 puntos) nunhas tarxetas especialmente habilitadas para elo e que serán depositadas nunha urna que estará exposta en cada un dos establecementos participantes.

A tapa que obteña o maior número de votos será a gañadora e o Concello de Ponte Caldelas e COEMPO entregaránlle ao establecemento gañador unha placa que lucirá nas súas vitrinas como xeito de acreditar ser o vencedor da primeira edición deste concurso.

Para motivar a participación cidadá na emisión dos votos, aquelas persoas que completen a cartilla cos dez selos acreditativos de ter probados tódolos pinchos concursantes entrarán no sorteo dun vale de 100 euros para ser canxeable por produtos ou servizos dos establecementos adheridos a COEMPO ou unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun establecemento hostaleiro do municipio.

Esta iniciativa impulsada desde o Concello e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas (COEMPO) procura dinamizar a actividade económica neste sector ao tempo que promociona a alta cualidade gastronómica dos establecementos hostaleiros que ofrece este municipio non só aos residentes senón tamén a aquelas persoas de concellos próximos ou visitantes que en CALDELAS TAPAS terán unha opción solvente para disfrutar da boa cociña galega durante os venres do mes de agosto en Ponte Caldelas.

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver