DSC 0006 copiaAndrés Díaz comentou cos compoñentes da agrupación coral o interese do Concello en promocionar o seu labor con actuacións, dentro do Plan Cultural, en tódalas parroquias do municipio. Tamén animou ao seu director a impulsa-la Escola de Música para persoas a partir de 5 anos.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, visitou o ensaio dos compoñentes da Coral Valdarrosa, que dirixe Iván Gulín Porto, para interesarse polo traballo que realizan na conservación e divulgación do canto coral senón tamén pola importante tarefa que desenrolan promocionando a imaxe exterior do concello nas súas actuacións por toda a xeografía galega, española e portuguesa.

Andrés Sobral felicitounos polo esforzo e adicación ao perfeccionamento do canto e polo abnegado do seu traballo para conseguir, mediante o riguroso e pautado ensaio, o mellor resultado para as súas voces.

O alcalde manifestoulle o seu desexo e de todo o grupo de goberno de manter, "e incluso aumentar ata onde se poida", a colaboración institucional e económica coa Coral Valdarrosa nos vindeiros orzamentos municipais.

O rexedor salientou o seu desexo de levar a todas e cada unha das parroquias do municipio a actuación desta masa coral para un mellor coñecemento do seu traballo e fomentar, por vía destas presentacións, a incorporación de novas voces que, moitas veces por descoñecemento, non saben que poden participar nunha iniciativa artística e cultural como esta.

A intención do grupo de goberno é incorporar á Coral Valdarrosa dentro do Plan Cultural do Concello coa intención que, dun xeito descentralizado, podan ir percorrendo as distintas casas do pobo e centros socioculturais existentes no rural para que tódolos veciños poidan disfrutar das súas actuacións.

APOIO Á ESCOLA DE MUSICA IMPULSADA E DIRIXIDA POR GULÍN

Finalmente, o alcalde Andrés Díaz recibiu con agrado a iniciativa do director da Coral, Iván Gulín Porto, de impulsar unha Escola de Música para tódalas idades, a partir de 5 anos, onde se darán clases de canto, piano, guitarra, mandolina, bouzouki, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, flauta e percusión.

Díaz felicitou a Gulín pola iniciativa e sinaloulle que o Concello de Ponte Caldelas será moi receptivo ás inicitivas formativas que en materia musical se impulsen desde a Coral e a propia Escola de Música.

Os interesados en recibir clases de música en calquera instrumento dos recibidos poderá poñerse en contacto co director Iván Gulín Porto no teléfono 680 44 24 93. DSC 0001 copiaDSC 0021 copia

DSC 0009 copia

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver