DSC 0047 copiaOs veciños e veciñas de Vilarchán honraron á Virxe dos Remedios con diferentes actos lúdicos e relixiosos que contaron coa presenza dos concelleiros de AVP, Alfonso Gutiérrez e José Manuel Martínez, así como Manuel Barreiro, do BNG, , en representación do grupo de goberno do Concello de Ponte Caldelas.

A xornada festiva iniciouse ben cedo co pasarrúas a cargo da Banda de Música Cultural de Vilanova de Arousa. Ás once tivo lugar unha misa solemne e ás 13:15 oficiouse a Misa Campestre á que asistiron gran número de feligreses e devotos da Virxe dos Remedios vidos desde moitos lugares non só do concello de Ponte Caldelas senon tamén doutros limítrofes.

Despois da Misa Campestre tivo lugar a procesión na que participaron un gran número de veciños que circundaron a Ermida de San Miguel acompañando as imaxes da Virxe dos Remedios e San Miguel. Ao rematar a procesión a Banda de Música Cultural de Vilanova de Arousa ofreceu un concerto no torreiro das festas que estivo moi concorrido de público que aproveitou para disfrutar dunha sesión vermouth a cargo da citada agrupación musical. Os concelleiros aproveitaron a ocasión para dialogar cos veciños e veciñas presentes na festa.

O concelleiro Alfonso Gutiérrez, de AVP, en nome do equipo de goberno formado tamén polo PSdeG-PSOE e o BNG, salientou que o motivo da presenza dos edías neste evento obedececía "ao desexo do equipo de goberno de Ponte Caldelas de estar presentes en todos e cada un dos actos aos que nos conviden os veciños porque temos a vontade clara de estar xunto a eles nos momentos duros e tamén nos de lecer e alegría. Si por algo se caracteriza este novo equipo é pola cercanía e a accesibilidade a calquera veciño que nos quera plantexar calquera dúbida, problema ou suxestión".

Pola tarde, tivo lugar unha nova Misa Campestre, a partir das 19:30 horas e ao seu remate tivo lugar outro concerto ofrecido pola Banda de Música Cultural de Vilanova de Arousa. A xornada festiva rematou cunha verbena amenizada polas orquestras Magos de España e Limón.

O remate das Festas de Vilarchán terán lugar mañá luns cun programa no que salienta o pasarrúas matinal a cargo do grupo de gaitas Alboradas para que ás 12 h. teña lugar a Misa Solemne na honra da Virxe dos Remedios. Ao remate, o grupo de gaitas Alboradas amenizará a sesión vermouth. Pola noite porá o fin de festa a verbena protagonizada polas orquestras Jerusalén e Televisión. 

DSC 0020 copiaDSC 0025 copiaDSC 0032 copiaDSC 0033 copiaDSC 0040 copiaDSC 0065 copiaDSC 0069 copia

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver