DSC 0089 copiaO enfrontamento entre Perfecto Rodríguez e Alfonso Gutiérrez obrigou ao alcalde Andrés Díaz a amoestar ao voceiro do PPdeG e recriminarlle que "non tiña asumido a súa derrota e a cura de humildade que lle infrinxiu a cidadanía cos seus votos". Rodríguez defendeu a súa xestión económica e Díaz lembroulle que o Concello ten unha débeda de un millón de euros e unha factura de 15.000 euros de París de Noia "contratada in extremis e como alcalde en funcións para condicionar o orzamento e a capacidade de xestión do novo equipo de goberno. A celebración da xuntanza da Corporación Municipal ás 20 horas favorece un cheo no Salón de Plenos.

O enfrontamento entre o voceiro do Partido Popular, Perfecto Rodríguez, e o líder de AVP, Alfonso Gutiérrez, marcou o final dun Pleno Ordinario de carácter organizativo celebrado pola Corporación Municipal de Ponte Caldelas no Salón de Plenos, a partir das 20 horas, o que favoreceu a asistencia de público.

O Pleno aprobou a proposta do equipo de goberno de apostar pola transparencia a través da creación da Comisión de Urbanismo, aberta á oposición, e na que os concelleiros non terán retribución por asistencia. O alcalde Andrés Díaz sinalou que esta decisión vai ligada á da rebaixa voluntaria do seu salario, en 8.000 euros, e á "necesidade de que unha xestión máis transparente non lle custe máis aos veciños e veciñas de Ponte Caldelas".

Tras aprobar, cos votos a favor dos tres grupos que conforman o equipo de goberno (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) e a abstención do PPdeG, temas organizativos como o nomeamento da concelleira socialista, Pilar Couto Seoane, como representante do Concello no Consello Escolar da Galiña Azul ou a proposta de modificación das Bases de Execución do Orzamento 2015 ou a dación de conta, feita pola interventora, da rectificación da liquidación de 2014 por un erro contable do goberno anterior, a polémica xurdiu no último punto referido a mocións, rogos e preguntas.

Neste apartado, o rexedor cedeulle a palabra ao voceiro do PPdeG quen rogou ao alcalde que nas súas intervencións públicas nas xuntanzas que está a levar con comerciantes e hostaleiros "non diga que o Concello está en bancarrota e que recibiu en herdanza un Concello endebedado cando sabe que non é así".

O alcalde, Andrés Díaz, deixou que o voceiro do PPdeG fixera unha longa exposición para xustificar as súas afirmacións para, a continuación, responderlle que "si de algo non pode presumir Perfecto Rodríguez é de boa xestión económica, pois cando chegamos ao goberno, hai escasos 45 días, nos atopamos con que o Concello ten unha débeda de nada máis e nada menos que un millón de euros e con case tódalas partidas do orzamento municipal comprometidas, sen esquecernos dunha factura de 15.000 euros de París de Noia contratada in extremis e como alcalde en funcións para condicionar o orzamento e a capacidade de xestión do novo equipo de goberno. Tamén quero recordarlle que baleirou por completo e de xeito irresponsable partidas como a dedicada a mercar materiais como cemento ou area que pon en risco incluso a capacidade de intervención en caso de urxencia para levantar ou evitar que se caia un muro".

Chegado este punto, Perfecto Rodríguez interrompeu en varias ocasións a exposición do alcalde o que motivou o enfado do voceiro de AVP, Alfonso Gutiérrez, quen solicitou ao rexedor a necesidade de traer a Pleno unha regulamentación das intervencións no capítulo de rogos e preguntas por considerar que a oposición abusaba do tempo "que non cronometrei pero desde logo vai camiño de entrar no libro Guinness sen que ninguén o interrompera e repetindo dun xeito mecánico o mesmo argumento unha e outra vez e, agora que lle queremos rebater, vostede interrompe unha e outra vez o que é unha falla de educación democrática e unha falta de respecto", sinalou Gutiérrez.

O clima de enfrontamento foi medrando o que obrigou ao alcalde Andrés Díaz a amoestar ao voceiro do PPdeG e recriminarlle que "non tivera asumido a súa derrota e a cura de humildade que lle inflixiu a cidadanía cos seus votos. Vostede aínda non se deu conta de que o Concello pode funcionar sen vostede e, pese aos seus atrancos e intentos de boicotear a acción do novo goberno está vendo como somos capaces de responder ás necesidades dos nosos veciños e veciñas cunha xestión aberta, transparente e que pivote sobre a participación cidadá. O Concello non é seu, é de tódolos veciños. Ten que recoñecer a nova realidade e aprender a respectar a quen pensa diferente a vostede e que ten o encargo democrático da cidadanía de administrar doutro xeito o patrimonio municipal para favorecer os intereses xerais dos veciños e así o faremos", sinalou Andrés Díaz.

Andrés Díaz resolveu a polémica sinalando que a vontade do grupo de goberno non é "cercenar en ningún caso o labor de oposición, nin moito menos, pero si sigue coa actitude obstrucionista de non deixar falar a membros do goberno ou rebater os seus argumentos respectando as quendas de palabra haberá que poñer en marcha mecanismos democráticos, xa previstos pola lexislación, para garantir o normal funcionamento do Pleno".

Non habendo máis temas, o alcalde levantou a sesión. 

DSC 0066 copiaDSC 0097 copia

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver