DSC 0011Tractores e vehículos agrícolas de Ponte Caldelas e municipios limítrofes foron examinados na Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas instalada durante toda a mañá de hoxe na explanada próxima ao campo de fútbol municipal de Chan da Barcia. Técnicos da empresa concesionaria de Inspección Técnica de Vehículos, Supervisión e Control, adscritos á estación de Ponte Bora, estiveron dende primeira hora da mañá de hoxe procedendo a supervisar o estado de tractores e vehículos agrícolas.

Os procesos de inspección centráronse, fundamentalmente, en comprobar o estado dos freos e da dirección, así como outros puntos vitais na seguridade destas máquinas de uso agropecuario.

A revisión realizada por esta ITV móbil ten a mesma validez que calquera outra permanente existente en Galicia e o feito de que se instale en Ponte Caldelas permitiu aos propietarios de vehículos agrícolas do municipio e doutros lindantes como A Lama, Fornelos ou Soutomaior, poder pasar a correspondente revisión con total comodidade ao non se ter que desprazar ás existentes en Ponte Bora ou Curro, entre outras.

A revisión periódica destes vehículos agrícolas é obrigatoria e, ao mesmo tempo, é unha medida preventiva que mellora a seguridade dos usuarios destas máquinas que, por desgracia, son obxecto de continuos accidentes no mundo rural.

Coa instalación da Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas en Ponte Caldelas, o Concello pretende favorecer a proximidade e o mellor acceso de todos os veciños aos servizos comunitarios ao tempo que se evitan desprazamentos incómodos que resultan, á vez, custosos para os usuarios.DSC 0004

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver