DSC 0019 copiaO alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro xunto cunha ducia de hostaleiros participaron na presentación pública da primeira edición do concurso "CALDELAS TAPAS" que terá lugar en dez establecementos do municipio ao longo do mes de agosto e que combinará a creatividade culinaria co atractivo gastronómico que ofrece o variado elenco hostaleiro caldelán. Nesta primeira edición, que terá lugar os venres de agosto, participarán Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Taberna Enxebre Eicho de dar Queridiña, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas.

A presentación, feita no Salón de Plenos, especialmente preparado para a ocasión, serviu de punto de partida para unha iniciativa que pretende dinamizar o sector hostaleiro durante os venres do mes de agosto e que impulsa tanto a Asociación de Comerciantes e Empresarios (COEMPO) e o Concello de Ponte Caldelas.

Os dez establecementos hostaleiros (Mesón Parada, Cafetería Aries, O Recanto, A Taberna de Laxoso, Cervexaría Alameda, Taberna Enxebre Eicho de dar Queridiña, Verdugolandia, Restaurante O Ramís, Restaurante Casa 501 e Cafetería Panadería Pecas) competirán por agradar e sorprender aos seus clientes cun pincho gratuíto que se servirá con cada consumición e que poderá ser votada (de 1 a 5 puntos) nunhas tarxetas especialmente habilitadas para elo.

A tapa que obteña o maior número de votos será a gañadora e o Concello de Ponte Caldelas e COEMPO entregaránlle ao establecemento gañador unha placa que lucirá nas súas vitrinas como xeito de acreditar ser o vencedor da primeira edición deste concurso.

Para motivar a participación cidadá na emisión dos votos, aquelas persoas que completen a cartilla cos dez selos acreditativos de ter probados tódolos pinchos participantes entrarán no sorteo dun vale de 100 euros para ser canxeable por produtos ou servizos dos establecementos adheridos a COEMPO ou unha estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun establecemento hostaleiro do municipio.

Esta iniciativa impulsada desde o Concello e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas procura dinamizar a actividade económica neste sector ao tempo que promociona a alta cualidade gastronómica dos establecementos hostaleiros que ofrece este municipio non só aos residentes senón tamén a aquelas persoas de concellos próximos ou visitantes que en CALDELAS TAPAS terán unha opción solvente para disfrutar da boa cociña galega durante os venres do mes de agosto en Ponte Caldelas.

DSC 0032 copiaCARTEL CALDELAS TAPAS

OTRAS NOTICIAS

equipo gobierno

sede electronica ponte caldelas

EMPREGO

FORMACION

CARTEL PISCINA

xantacaldelas 

excursin vila verde portugal

cartelmasaje2

cartelcochesclasicosao200172

PLANCULTURAL2017

CARTEL FOLLAS DE OLIVAR 2017

CARTELFECHASMOTIVARTE

coempo

Buen Tiempo

9°C

Ponte Caldelas

Buen Tiempo

Humedad: 87%

Viento: 0 km/h

  • 24 Mar 2016

    Mayormente nublado 16°C 8°C

  • 25 Mar 2016

    Lluvia ligera 14°C 13°C

fiestas

pabellon

emerxencia social

AREA ARQUEOLOXICA TOURON ES

TURISMO PONTE CALDELAS

facebook-turismotwitter-turismo
folleto tur

PUNTO DE INFORMACIÓN
CATASTRAL (PIC)

Ubicación: Casa do Concello.
Avenida de Galicia,17.
36820 Ponte Caldelas.
Teléfono: 986750001/13
Horario: de 9 a 14:00h
de luns a venres.

 

Volver