Ponte Caldelas,  

Castellano        Galego

 Saúda do Alcalde
 Organización Municipal
 Servizos Municipais
 Situación e Mapas
 Ponte Caldelas Hoxe
 Espacios Naturais
 Parroquias
 Historia
 Festas
 Empresas - Comercios
 Contacto e Axenda
 Galería fotográfica
  

 

 

 

 

 

    
  
 
 
O NOME

 

 

O Concello de Ponte Caldelas recibiu o seu nome seguramente da antiga ponte sobre o río Verdugo e das súas augas termais sulfuroso-sódicas.

Créese que cando os romanos melloraron Pontevedra fixérono tamén a Ponte Caldelas.

 


A Ponte

A ponte. (Anos 50)


A Ponte

A ponte na actualidade


EscudoA vila foi patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Gelmírez privilexios e franquicias. Conta a tradición que a famosa reina Lupa ou Loba que perseguíu ós discípulos do Apóstolo Santiago foi natural desta vila ou resideu nela, o que se puido constatar é que en 1.126 o rei Alfonso VII concedeulle o título de A Moi Leal.

 

 
Asimesmo na Guerra da Independencia o mariscal Soult foi derrotado nas inmediacións de Ponte Caldelas ó pasar cun exército de 20.000 homes, e desde entón agregouse ó escudo deste Concello, que formaba a ponte sarmentada, unha cruz en honra das víctimas desta batalla, librada na ponte que lle da nome en 1.809.

 

 

No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua.

Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas.

 

Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas.

 

 

 

 

 

 


Concello

O concello e as ecolas (nenos e nenas).


Vista
Vista de Pontecaldelas. (Anos 50)


Vista de Ponte Caldelas
Rúa da Ponte. (Anos 50)


Vista
Praza da Independencia. (Anos 50)

 

 



:: Subir

 



MONUMENTOS

 

Os primeros "monumentos" os que lle imos prestar atención son os PETROGLIFOS de Tourón.

A riqueza e variedade de motivos representados no “Outeiro das Sombriñas”  constituen un dos mellores exemplos da nosa arte rupestre.

 


As Sombriñas
As Sombiñas. (Tourón)


Nabal do Martiño
Nabal do Martiño. (Tourón)


Escaena de Caza en Nabal do Martiño
Escea de Caza. (Nabal do Martiño)



Escea de Caza. (Nabal do Martiño)

 

 


Como acontece noutros municipios galegos, no Concello de Ponte Caldelas destaca desde o punto de vista monumental as construccións de carácter relixioso.


Así podemos menciona-la románica igrexa parroquial de Tourón, de finais do século XII que conserva desta arte a fachada e o arco do presbiterio. Nunha fachada lateral existe un escudo dos Pazos de Proben.


A igrexa parroquial de Santa Eulalia de Ponte Caldelas destaca polo seu retablo pétreo obra do mestre D. Manuel González, autor tamén da fonte que se atopa na "Plazuela del Obispo" no centro da vila e do Calvario de Barbudo.


Asimesmo, tamén destacan as igrexas de A Insua, aberta ó val cun Via Crucis de pedra ó redor do atrio e a igrexa de Xustáns (conxunto de igrexa e cemiterio con outro interesante cruceiro).


 

En canto ás capelas:

 

 

- Capela do Casteliño ó Sagrado Corazón de Xesús. desde ela pódese divisar unha ampla panorámica que incluso chega á ría de Pontevedra. A subida a ese monte faise seguindo un via crucis de pedra, existindo unha lenda sobre unha pisada do cabalo do apóstolo Santiago nunha rocha das inmediacións.


- Capela de San Vicente de Parada. situada nun marco extraordinario pola súa beleza natural e a proximidade dun río. Conta con restos dun sepulcro antropomorfo e tódolos anos se celebra unha tradicional romaría na súa honra e que congrega a gran cantidade de devotos.


- Capela de Santa Comba de Rebordelo.- noutra bonita paraxe e famosa pola multitudinaria romaría que se celebra na súa honra.


- Capela de Cristo Rei en Xustáns.- desde donde se divisa unha extraordinaria panorámica, existindo no moi lonxe dela petroglifos cuadrúpedos.


A riqueza monumental deste municipio complétase con innumerables cruceiros e petos de ánimas sen esquecernos de varios pazos entre os que destacan o pazo do Pombal en Tourón, fundado en 1.688 por D. Pedro de Pazos Proben, e outro pazo tamén en Tourón que se corresponde coa antiga Casa da Inquisición, ambos hoxe de propiedade privada.

 

:: Subir