Ponte Caldelas,  

Castellano        Galego

 Saúda do Alcalde
 Organización Municipal
 Servizos Municipais
 Situación e Mapas
 Ponte Caldelas Hoxe
 Espacios Naturais
 Parroquias
 Historia
 Festas
 Empresas - Comercios
 Contacto e Axenda
 Galería fotográfica
  

 

 

 

 

 

      
 
 

Neste apartado cabe dicir que ao longo de toda a época estival pódense atopar por toda a xeografía de Ponte Caldelas festas de diversa índole; pois como soe ser tradicional en Galicia, cada pobo ten a súa propia festa na honra da súa patroa. Por elo só recollemos neste apartado as máis importantes, ben polo seu arraigo, a súa popularidade ou a súa singularidade.

 

 

A Festa da troita- último domingo do mes de maio- é a máis popular de Ponte Caldelas.
Naceu no ano 1.967 como iniciativa dun grupo de amigos para que, á vez que se promocionaba o Concello, se daba saída a unha afección moi compartida na comarca como é a pesca de río. Así celébrase a última fin de semana do mes de maio e, xunto coas diversas celebracións lúdico-festivas, lévase a cabo un Concurso de Pesca Internacional na modalidade de salmónidos.


A Festas dos Dolores- na vila de Ponte Caldelas a última fin de semana de agosto (durante catro días: sábado, domingo, luns e martes).
Son as festas patronais do municipio e congregan a numerosos visitantes, sobre todo o martes, verbena que se prolonga ata ben entrada a mañá do día siguinte.


A Romaría de Cristo Rei- lévase a cabo o primeiro domingo de Xullo no lugar de Xustáns.
O seu principal atractivo está nas espléndidas paisaxes que se poden contemplar desde a ermita do mesmo nome.


A Romaría da Virxe da Saúde - en Rebordelo celébrase o domingo siguinte a Semana Santa (2º domingo de Pascua) e congrega a moita xente debido á grande devoción que desperta.

 


As Festas dos Dolores de Anceu- no lugar de Anceu e destaca pola celebración dunha tradicional danza cunha orixe que se remonta á época dos Celtas. Sempre se celebra o terceiro domingo de setembro.