|
No ano 1.967, o último domingo do mes de maio, botaba a andar a "Festa da Troita" de Ponte Caldelas, destacando a gastronomía e o Concurso Internacional de Pesca modalidade de salmónidos.
A festa nace
pola iniciativa dun grupo de
amigos afeccionados á pesca
(Rafael López, Luis Blanco,
Enrique Puga e Luciano
Martínez, alcalde daquela
época), vendo que había gran
afluencia de troitas nos
ríos que atravesan el termo
municipal, ó mesmo tempo que
promocionaban a vila.
A festa nace coa particularidade da edición do por todos coñecido "Libro da Festa da Troita" no que se recollen os programas de festexos, o regulamento do concurso de pesca, os acontecementos máis destacados da vida do municipio (a construcción do Colexio Público, a Capela do Casteliño, opinións políticas, a estrada a Pontevedra, o Instituto de Educación Secundaria...) así como aportacións da vida cultural galega que iremos recopilando ó longo deste apartado. Por todo elo estes exemplares supoñen para tódolos habitantes de Ponte Caldelas o recordo ó longo do tempo de todo aquilo que foron e foi a súa vila e o camiño que recorreu ata os nosos días.
Un segundo
denominador común de todas e
cada unha das edicións da
festa é a celebración do
Concurso Internacional de
Pesca que é coñecido
polos afeccionados a este
deporte de toda Galicia e
incluso Portugal, e que en
consecuencia aglutina a
grande cantidade de
pescadores que agardan cada
ano tan ansiada cita.
No primeiro número de 1.967 aparece un artigo titulado "Laude de la Trucha" asinado por Álvaro Cunqueiro. Neste mesmo número aparece outra colaboración titulada "Quodlibet de la Trucha" do historiador José Filgueira Valverde.
O Concurso Internacional de Pesca, modalidade de salmónidos, continúa, xunto co libro do que xa falamos, como punto aglutinador das moitas edicións da "Festa da Troita" que se levaron a cabo.
O Concurso desenvólvese durante tres días nos que se fan competicións de tódalas modalidades e categorías. Os pescadores, chegados de toda Galicia, aproveitan as boas augas do río Verdugo ó seu paso pola vila para competir polos preciados trofeos (donados polas diferentes administracións públicas así como polos diferentes locais comerciais do Concello).
A organización corre a cargo da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo de Ponte Caldelas co asesoramento da Federación Galega deste deporte. Proba da magnitude do evento, é que todas e cada unha das sociedades de pesca existente na nosa Comunidade Autónoma son invitadas a participar na competición, dándoselle toda clase de facilidades para que poidan acudir á ansiada cita respondendo as mesmas de forma moi positiva. Outra proba desta magnitude é que no ano 1.973 ese Concurso foi valedeiro para o Campionato de España da especialidade.
Outro
aspecto importante deste
concurso é o lugar idóneo
no que se celebra: lévase a
cabo no paseo fluvial
(de gran beleza paisaxística)
que une a Praia Fluvial da
Calzada coa mesma vila.
Gracias a esta
accesibilidade os
afeccionados a este deporte
chegados de toda a xeografía
autonómica, poden ver in
situ as evolucións dos
participantes no Concurso.
Trátase, claro está, dun
aspecto moi aproveitado
tanto para afeccionados como
para a prensa. En cuanto ó que á gastronomía se refire, se pode degustar a troita en tódalas suas formas de preparación, estando a disposición dos visitantes en tódolos restaurantes da vila xa durante os días anteriores e posteriores á data da festa.
Agora ben, desde que en 1.993 se prohibira a comercialización da troita de río, os hosteleiros tiveron que recurrir ós exemplares criados en piscifactoría, experimentando un leve descenso na súa petición. Nembargantes a organización, para paliar e recuperar este descenso, soubo sacar adiante outras iniciativas como é a degustación popular de troitas. Asimesmo os responsables dos establecementos hoteleiros souberon estar á altura das circunstancias con outras especialidades culinarias como o cabrito, a caza (perdiz e coello), etc que se poden degustar á par das troitas nestas datas.
A degustación popular de troitas require unha atención especial. Vense celebrando durante os últimos anos e xa adquiriu un importante éxito de participación. Nela tódolos hosteleiros da vila exhiben as súas especialidades que son preparadas diante da atenta mirada de todos aqueles que se achegan ó evento e que poderán probar o manxar acompañado dos excelentes viños que se poden atopar na nosa xeografía.
Con todo elo preténdese que a "Festa da Troita" sexa cada vez máis por e para o pobo.
A degustación lévase a cabo na Alameda de Ponte Caldelas, lugar próximo ó río (50 m.), e que serve como escaparate destas festas por diversos motivos: celébrase o sábado pola tarde en horario que coincide co final do concurso de pesca, polo que o citado recinto serve de lugar de reunión de pescadores, afeccionados, turistas e prensa (diarios de tirada autonómica, emisoras de radio, TVG e televisións locais, ...) dando unha magnitude moi importante a este evento.
Asimesmo
outras iniciativas veñen a
completar a oferta cultural
e deportiva durante os días
de celebración. Referímonos
ó torneo de fútbol base que
organiza a Escola de Fútbol
de Ponte Caldelas e que en
algunhas edicións adquiriu
carácter internacional.
Destacado o papel que
supoñen as exposicións que
cada ano se suceden no Salón
de Exposicións do Centro
Cultural, onde presentaron
as súas obras artistas de
renome como Carlos García
Mourón ou o pintor belga
presente na Guía Europea de
Belas Artes, Yvan Descamps.
Noutro campo da actividade cultural, atópanse os encontros polifónicos organizados nestas datas pola Coral Valdarrosa de Ponte Caldelas, anfitriona de tal evento, e na que participan outras masas corais da provincia.
Amén de todo elo atópanse as clásicas e populares verbenas que alegran a vila con distintos pasarúas e actuacións para tódolos públicos.
Tratamento aparte requiren a entrega de trofeos do Concurso de Pesca: nel reúnense numerosas autoridades do entorno autonómico que participan nesta entrega, así como os vencedores, participantes, afeccionados e prensa que participan na mañá do domingo do punto e final de tan singular concurso. Vólvese a encher a alameda de Ponte Caldelas con xentes de toda Galicia.
Como colofón destes actos está o banquete oficial, lugar de reunión das autoridades, organizadores, participantes no concurso de pesca e afeccionados que así o desexen. Celébrase no marco incomparable do Hostal El Verdugo (situado a orillas do mesmo río) e que fora o antigo "Balneario de Ponte Caldelas".
Concluindo, poderiamos dicir que nos atopamos cunha festa que aglutina á perfección o aspecto cultural, folclórico, de ocio e gastronómico que toda celebración deste tipo debe ter.
Do recorrido que xa levamos feito da "Festa da Troita" de Ponte Caldelas despréndese o seu carácter popular e a aposta da organización (o Concello de Ponte Caldelas) por chegar a tódolos públicos, se ben desde os seus inicios xa cumpriu este obxetivo. Por esta razón e por tratarse dunha festa de grande tradición a nivel autonómico, a afluencia de visitantes que responde á atractiva oferta da mesma, é sumamente notable ó longo dos tres días que duran os festexos.
En canto ás infraestructuras para a súa acollida remitímonos a páxinas anteriores desta memoria nas que se describen as diferentes posibilidades de aloxamiento (hoteis e turismo rural), diversión (locais de ocio, oferta cultural e deportiva, comida (restaurantes), práctica deportiva (campos de fútbol, pabillón polideportivo, pista de tenis, ...), cultural (Centro Cultural, Instituto de Educación Secundaria, Centros de Educación Infantil e Primaria,...) co que todo visitante se poderá encontrar.
Como material promocional máis destacado atópase o "Libro da Festa da Troita" da edición correspondente e ó que, por formar parte da mesma idiosincrasia da festa, todo o mundo se dirixe para ver a oferta de todo tipo da que poderán disfrutar.
Nel e como manda a tradición, poderanse atopar o programa de festexos e demais actividades lúdico, culturais e deportivas, así como aqueles temas de actualidade que afecten o desenrolo do municipio, servindo así de "líña do tempo" dos acontecementos máis destacados do devir de Ponte Caldelas.
Desde o Concello de Ponte Caldelas como organizador do evento faise chegar estes programas e carteis a todas aquelas entidades que poidan dar saída á información que conteñen:
Son
repartidos por tódolos
lugares do municipio e dos
municipios adxacentes.
Asimesmo este Concello continuará con este papel de soporte da festa debido a que a través dela foise conformando a idiosincrasia mesma da vila e dos seus veciños que cada ano esperan a chegada desas datas para volver a disfrutar dos momentos en que esta festa supón unha unión entre o pasado e o futuro, desde aquel ano 1.967 ata...
|














