A beleza natural da paisaxe de Ponte Caldelas destaca, sobre todo, polo contorno do río Verdugo que atravesa a vila e o municipio cun mesto arboredo nas súas marxes e que ao seu paso pola vila se remansa coas súas augas cristalinas.

Vista do río Verdugo
Cómpre sinalar, ao longo da canle, distintos lugares especialmente característicos como son os pasos da Fraga e a praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.
![]() "Os Pasos" en A Fraga |
![]() Detalle de "Os Pasos" Desgastados polo transito das xentes. |
|
|
|
|
"Os pasos" eran/son empregados para vadea-lo río,
no camiño antigo Ponte Caldelas - A Lama.
No contorno podemos contemplar varios muiños, un deles incluso con vivenda na planta superior ( seguindo camiño a Lama), petos de ánimas, e unha impresionante paisaxe dominada polo río.
|
En xeral, todo o percorrido do río Verdugo é dunha abraiante beleza e recomendado para todo aquel que sexa afeccionado a excursións en contacto coa natureza.

| Como chegar:
Ainda que se atopa no lugar de A Roca, o seu acceso ten que facerse pola outra veira do río Verdugo. Saindo de Ponte Cadelas en dirección a Pontevedra collemos a esquerda por Cuñas e a uns 2 kilómetros ata a central hidroeléctrica. Remontando o río (con dificultade) entre grandes penedos achégase as fervenzas.
|
Á beira do Verdugo e á saída do casco urbano, atópase unha edificación , que foi o antigo balneario de Ponte Caldelas.
Son tamén interesantes as vistas na capela do Casteliño e en Cristo Rei e as áreas de recreo como as do Viveiro de Pazos ou o Pé da Múa, sin olvidarnos da Carballeira de Caritel.
|
Área recreativa "Viveiro de Pazos" |
Carballeira de Caritel |
|
|
|
| Como chegar:
Viveiro de Pazos: Saíndo de Ponte Caldelas dirección a Cañiza (PO-255), cruce a dereita indicado, todo recto ata chegar a unha bifurcación, coller a dereita e todo recto.
Viveiro "Pé da Múa": Dende Ponte Caldelas, en dirección a
Caldelas, todo recto, pasando o desvío para o
casteliño, máis adiante pegado a carretera a dereita
(desvío sen pavimentar).
|

Vistas dende Cristo Rei (Xustáns)
O apartado etnográfico, podémolo completar cos sempre sorprendentes entornos naturais nos que se asentan os numerosos muiños de auga que se atopan o longo do río e dos regatos.
|
|
O concello está moi ben dotado de todo tipo de servizos, así como de parques, xardíns e unha alameda que garda un especial atractivo para ser visitada.
















